Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
25Xullo2026Mensaxe de José González á colectividade galega do exterior no Día de Galicia 2026 audio Mensaxe do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González: https://youtube.com/shorts/7skHvPtCEHw. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, comparte a súa mensaxe con motivo do Día de Galicia 2026, destacando a fortaleza da colectividade galega no exterior, o compromiso da Xunta co retorno e os vínculos que unen Galicia coa súa diáspora. No vídeo tamén felicita ás catro mulleres da diáspora distinguidas... Máis información
-
25Xullo2026Mensaxe do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á colectividade galega do exterior no Día de Galicia 2026 audio Con motivo do Día de Galicia, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, traslada unha mensaxe de felicitación e recoñecemento ás galegas e galegos do exterior, agradecendo o seu compromiso por manter viva a lingua, a cultura e a identidade galega en todo o mundo. Unha mensaxe de unión, orgullo e pertenza, cun recordo especial para a colectividade galega en Venezuela e para todo o pobo venezolano nestes momentos difíciles. Feliz Día de... Máis información
-
24Xullo2026Intervención do presidente da Xunta na cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2026 audio Galardoadas a as súas familias, grazas por estar aquí, Presidente do Parlamento de Galicia, Delegado do Goberno en Galicia, Alcaldesa de Santiago de Compostela, Xeneral xefe do mando de apoio á manobra, Embaixador de España en Portugal, Arcebispo de Santiago de Compostela, Conselleiros e conselleiras, Membros da mesa do Parlamento de Galicia, Vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Fiscala superior de Galicia, Valedora do Pobo,... Máis información
-
23Xullo2026A Xunta comparte coa Universidade de Santiago a celebración do centenario da inauguración da Biblioteca América audio O conselleiro de Educación, acompañado polo secretario xeral da Emigración, participa na inauguración da exposición conmemorativa desta efeméride. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na inauguración da exposición conmemorativa do centenario da inauguración da... Máis información
-
22Xullo2026Miranda: “Cada paso destes mozos é un paso máis cara ao corazón de Galicia” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata. Máis tarde, trasladouse a Chapela para unirse ao grupo aloxado en Vigo no comezo do Camiño Portugués, nesta ocasión acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. O programa,... Máis información
-
21Xullo2026Miranda: “Escolas Abertas é o mellor exemplo de como Galicia mantén viva a súa cultura en calquera recuncho do mundo” audio O secretario xeral da Emigración participou, xunto á alcaldesa de Lugo, Elena Candia, no acto de clausura da nova edición do programa Escolas Abertas. Os 50 participantes procedentes de 10 países ofreceron unha mostra do aprendido durante dúas semanas de formación especializada en Galicia nas modalidades de baile tradicional, canto popular e pandeireta, gaita, percusión e formación para persoal directivo. A gala, celebrada na Praza de Santa... Máis información
-
20Xullo2026Rueda anuncia a concesión da Medalla de Galicia para catro mulleres que son exemplo da integración, arraigo e compromiso da colectividade galega no exterior audio Rueda resalta que é “o galardón máis importante” que outorga a Xunta. Unha das galardoadas é Claudia Álvarez, presidenta dun grupo de hoteis na Arxentina e actual vicecónsul honoraria de España en Mar del Plata. Tamén obteñen este recoñecemento Carla Angola, unha das xornalistas máis influentes de Venezuela, e a odontóloga Camila Fernández, referente no Brasil. A cuarta Medalla é para Beatriz Gil, que exerce como fiscal xefa de Menores no cantón... Máis información
-
20Xullo2026A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026 audio Na entrega de diplomas previa á gala de clausura desta noite en Lugo, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa coa que se levan cualificando unhas 2.000 persoas. Desde o pasado 8 de xullo, as mestras e mestres participantes este ano -dunha media de 35 anos- recibiron formación especializada sobre baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste... Máis información
-
17Xullo2026A Xunta pon de relevo no Porto do Son a importancia de preservar a memoria da emigración como parte do patrimonio colectivo de Galicia audio O secretario xeral da Emigración participou na presentación do libro ‘Sonenses en América e americanos en Porto do Son’ e na inauguración da exposición ‘A memoria da emigración nas familias de Porto do Son’, promovida polo Concello e financiada polo Goberno galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no Museo da Memoria Mariñeira Marea, en Porto do Son, na presentación do libro Sonenses en América e... Máis información
-
17Xullo2026Lugo acollerá este luns 20 de xullo a gran gala de clausura de Escolas Abertas, cunha actuación sorpresa dun recoñecido artista internacional galego audio A Praza de Santa María en Lugo converterase este luns 20 de xullo, a partir das 20:30 horas, no escenario da Gran Gala de Clausura do programa Escolas Abertas, unha cita aberta a toda a cidadanía que porá o broche final a dúas semanas de formación intensiva arredor da cultura tradicional galega. A entrada será libre. A gala contará coa actuación especial dun recoñecido artista galego, un dos músicos con maior proxección internacional, que... Máis información
Páxinas |









