Miranda aborda co presidente da Feceve a situación da comunidade galega en Venezuela antes da súa viaxe ao país

Miranda aborda co presidente da Feceve a situación da comunidade galega en Venezuela antes da súa viaxe ao país.
Miranda aborda co presidente da Feceve a situación da comunidade galega en Venezuela antes da súa viaxe ao país.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá co presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela (FECEVE), Roberto González, na que analizaron a situación actual da colectividade española e galega no país, así como as necesidades máis urxentes no ámbito social, xusto antes da viaxe do secretario xeral a Venezuela.

Durante o encontro, Miranda reiterou a total colaboración da Xunta de Galicia cos residentes en Venezuela, subliñando o papel fundamental dos centros galegos integrados na FECEVE como canles de acompañamento, apoio institucional e solidariedade.

En Venezuela residen actualmente preto de 140.000 españois, dos que arredor de 30.000 son galegos. O secretario xeral aterrará o vindeiro luns 21 no país, despois do seu paso polo Uruguai e A Arxentina, para avaliar de primeira man o traballo de asistencia social que se está a levar a cabo.

86 lecturas