Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Agosto2026Miranda: “A mocidade galega do exterior demostra co seu compromiso co noso patrimonio que a distancia non é unha barreira para sentir e vivir Galicia” audio O secretario xeral da Emigración recibiu no aeroporto da Coruña á mocidade que participa na modalidade cultural do programa Conecta co Voluntariado en Galicia. Nesta edición participan 17 mozos e mozas do exterior procedentes da Arxentina, Cuba, Uruguai e Venezuela, aos que se suman arredor de cinco residentes en Galicia. As persoas participantes colaborarán ata o 6 de setembro en tarefas de apoio ao equipo de escavación e mantemento do castro... Máis información
-
25Agosto2026Miranda reforza os lazos coa comunidade galega no Reino Unido nun encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres, no que abordaron a situación actual da colectividade e o papel que continúa a desempeñar na difusión da cultura galega no Reino Unido. Miranda destacou a importancia de manter un contacto directo cos galegos residentes no país e de coñecer de primeira man as súas inquedanzas e necesidades.... Máis información
-
24Agosto2026O delegado da Xunta na Arxentina destaca en Avellaneda o Camiño de Santiago como unha ponte que segue a unir Galicia coa súa diáspora audio O delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da exposición fotográfica Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago, do fotógrafo Manuel Vicente, organizada pola delegación da Xunta na Arxentina, a Municipalidade de Avellaneda e o Centro Galego de Avellaneda. O acto reuniu, entre outros, ao presidente da entidade, Fidel Lema Roget; á intendente de Avellaneda, Magdalena Sierra; á presidenta... Máis información
-
18Agosto2026Miranda mantén un encontro co presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein para abordar iniciativas en favor da colectividade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein, Manuel Figueroa, con quen analizou as actividades que a entidade vén desenvolvendo para promover a cultura e as tradicións galegas entre a colectividade residente neste principado, así como as iniciativas previstas para os vindeiros meses. Miranda destacou o papel do centro como un referente para os galegos... Máis información
-
13Agosto2026Miranda reafirma o apoio da Xunta á nova etapa do Centro Galego do Perú audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Paola Chávez, secretaria do Centro Galego do Perú, para coñecer a evolución da entidade e continuar avanzando nas vías de colaboración coa Xunta de Galicia. Durante a reunión analizáronse as iniciativas que o Centro está a impulsar para consolidar a súa actividade cultural e social, así como novas propostas orientadas a fortalecer a presenza da... Máis información
-
12Agosto2026A Xunta salienta o papel dos Premios Alecrín na divulgación da galeguidade e no reforzo dos lazos coa colectividade galega en Cataluña audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto de entrega dos Premios Alecrín, impulsados pola Federación de Entidades Galegas de Cataluña, Fegalcat. José González felicita ás persoas e entidades recoñecidas, vinculadas a ámbitos como a música, as artes, a innovación, a comunicación, a promoción da lingua e da cultura, o deporte, a gastronomía ou a emigración. Recoñece o labor de Fegalcat, unha entidade fundada en 1987 para... Máis información
-
11Agosto2026A Xunta impulsa a décima convocatoria das bolsas BEME consolidando un programa de referencia para o retorno de 250 novos mozos do exterior que no próximo curso realizarán mestrados nas universidades galegas audio As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior -BEME-, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, están destinadas a cubrir gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención durante o período académico en Galicia. En canto á distribución das persoas beneficiarias por universidades, 111 estudantes realizarán os seus mestrados na Universidade de Vigo, 95 na Universidade de Santiago de Compostela e 43 na Universidade da... Máis información
-
08Agosto2026José González asiste á Festa Mexicana de Avión audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu á XX edición da Festa Mexicana de Avión. Máis información
-
06Agosto2026Miranda destaca o papel de Toxos e Xestas como embaixadores da cultura galega en Cataluña cando a agrupación se achega ao seu 50 aniversario audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo cos responsables da Agrupación Cultural Amigos da Gaita Toxos e Xestas, para coñecer os proxectos da entidade e avanzar na preparación dos actos do seu 50 aniversario, que se conmemorará o vindeiro ano. Durante a reunión, Miranda puxo en valor a traxectoria dunha agrupación que, ao longo de case cinco décadas, contribuíu de maneira decisiva á... Máis información
-
05Agosto2026Miranda reafirma o apoio da Xunta ao Galicia Esporte Clube audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente do Galicia Esporte Clube, Manuel Muiños, no que reafirmou o compromiso da Xunta co labor que esta histórica entidade desenvolve na preservación da identidade galega en Salvador de Bahía. Durante a audiencia, ambos analizaron novas vías de colaboración para seguir fortalecendo os vínculos entre Galicia e Brasil a través da cultura, o deporte e a... Máis información
Páxinas |









