Miranda destaca o papel de Toxos e Xestas como embaixadores da cultura galega en Cataluña cando a agrupación se achega ao seu 50 aniversario

Miranda destaca o papel de Toxos e Xestas como embaixadores da cultura galega en Cataluña cando a agrupación se achega ao seu 50 aniversario.
Miranda destaca o papel de Toxos e Xestas como embaixadores da cultura galega en Cataluña cando a agrupación se achega ao seu 50 aniversario.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo cos responsables da Agrupación Cultural Amigos da Gaita Toxos e Xestas, para coñecer os proxectos da entidade e avanzar na preparación dos actos do seu 50 aniversario, que se conmemorará o vindeiro ano. Durante a reunión, Miranda puxo en valor a traxectoria dunha agrupación que, ao longo de case cinco décadas, contribuíu de maneira decisiva á conservación e difusión da música tradicional, do baile e do folclore galego en Cataluña, converténdose nun referente da galeguidade no exterior.

No encontro, o secretario xeral trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando o labor das entidades galegas no exterior e destacou que o 50 aniversario de Toxos e Xestas será unha oportunidade para recoñecer o esforzo de varias xeracións de socios e directivos que fixeron posible manter viva a cultura galega lonxe da terra. Miranda salientou que agrupacións como esta "son un exemplo de compromiso coa nosa identidade e unha ponte entre Galicia e as novas xeracións de galegos residentes en Cataluña", reafirmando a vontade da Xunta de colaborar na programación conmemorativa desta efeméride.

28 lecturas