Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
15Maio2023Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Francisco Fernández del Riego audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, ofrecerá o próximo 17 de maio unha felicitación co gallo deste día, destinada aos galegos e galegas do exterior. Pola tarde, a partir das 20 horas (hora de España), poderase desfrutar, a través das diferentes plataformas dixitais da Secretaría Xeral, a historia vital do escritor de Vilanova de Lourenzá ao que se dedica este día da didáctica man dos contacontos Polo Correo do Vento. A... Máis información
-
14Maio2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense informa sobre a tramitación do permiso de residencia e a convalidación do carné de conducir audio A Secretaría Xeral da Emigración continúa achegando a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno para que os galegos e galegas do exterior que acaban de retornar ou que estean pensando en facelo coñezan o seu funcionamento e as ferramentas e información que lles pode aportar. Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende a Oficina de Retorno de Ourense apórtase, neste caso, a información relativa á... Máis información
-
13Maio2023Miranda destaca o labor dos centros galegos de Castela e León na promoción da cultura galega durante a celebración do Día de Galicia nesta comunidade autónoma audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Miranda de Ebro, Burgos, á celebración do Día de Galicia en Castela e León onde agradeceu ás entidades galegas o traballo en prol da cultura de Galicia e a promoción da lingua galega, así como o apoio e coidado dos galegos e galegas residentes nesta comunidade autónoma. Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral e das autoridades locais, numerosas e numerosos... Máis información
-
12Maio2023Emigración inaugura en Lisboa o novo Ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual audio Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende maio a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou, xunto ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, e o presidente do Centro Galego de Lisboa, Jesús Luis Bescos, o ciclo de cine Mestre Mateo no edificio da entidade galega na... Máis información
-
11Maio2023Emigración e Fundación Ronsel colaborarán na formación para acadar a empregabilidade de máis de 300 galegas e galegos retornados, tanto por conta allea coma no autoemprego audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe, co representante da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite a posta en marcha do programa de apoio para emprendedoras e emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemento do mercado laboral galego. O acordo supón unha colaboración económica da Xunta de 200.000 euros. O secretario... Máis información
-
11Maio2023A Xunta conta xa con 100 ofertas laborais para que galegas e galegos no exterior poidan volver a Galicia no marco do programa Retorna Cualifica Emprego audio A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou no segundo encontro virtual entre empresas e persoas candidatas celebrado na Coruña en colaboración coa Fundación Venancio Salcines. Entre as vacantes non cubertas polas persoas demandantes do servizo galego de emprego estanse a ofrecer ás persoas retornadas postos variados como axente comercial, infomático, enxeñeiro, cociñeiro, torneiro ou mecánico, entre... Máis información
-
10Maio2023Miranda lembra en esRadio a aposta da Xunta polo apoio á empregabilidade como ferramenta para potenciar o retorno dos galegos e galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou en esRadio Galicia, a aposta da Xunta de Galicia por potenciar o retorno dos galegos e galegas do exterior como ferramenta para loitar contra o saldo demográfico negativo. Neste senso, insistiu que a nova Estratexia Retorna 2026 (ERG2026) é unha ferramenta esencial “para axudar as familias galegas do exterior que desexan retornar”. O novo documento baséase na experiencia da... Máis información
-
10Maio2023A Xunta pon en valor os lazos migratorios entre Galicia e Cataluña que contribuíron ao progreso da cadea mar-industria de ambas comunidades audio A titular de Mar puxo como exemplo a chegada da industria pesqueira catalá á costa galega no século XVIII que impulsou o desenvolvemento da conserva. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou onte o Centro Galego de Tarragona onde asinou o libro de ouro desta entidade e participou na clausura da exposición sobre a emigración das galegas e galegos a Cataluña e a figura do cardeal Benjamín de Arriba y Castro. Alí a representante do Goberno... Máis información
-
09Maio2023Emigración e a Federación de Venezolanos de Galicia renovan o seu convenio de colaboración para manter as súas oficinas de información aos retornados e retornadas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegáronse ata a sede desta entidade na cidade olívica para asinar o acordo que permite destinar 50.000 euros a esta federación. Deste xeito, a entidade pode manter a atención na súa sede olívica e no resto da provincia de Pontevedra e na de Ourense, así como a súa oficina itinerante coa que aporta asesoramento ás... Máis información
-
07Maio2023A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Vigo informa sobre os servizos de información que se ofrecen aos retornados e retornadas audio A Secretaría Xeral da Emigración continúa achegando a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno para que os galegos e galegas do exterior que acaban de retornar ou que estean pensando en facelo coñezan o seu funcionamento e as ferramentas e información que lles pode aportar. Grazas á colaboración do programa Lembrando a Galicia da TVG, dende a Oficina de Retorno de Vigo explícase o funcionamento deste servizo, a información... Máis información
Páxinas |