Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
14Abril2026Webinario informativo "BEME 2026-2027" audio Lembrade, mañá mércores, 15 de abril ás 17:30 h (hora española), terá lugar un webinario informativo sobre as bolsas BEME para cursar un mestrado nunha das universidades galegas no curso 2026-2027. Participación aberta ás e aos interesados a través do seguinte enlace. Bolsas de 8.500 a 12.500 € para completar a túa formación e quedar a vivir e traballar en Galicia. Máis info no beme.emigracion@xunta.gal Máis información
-
09Abril2026Rueda aposta por captar talento da Galicia Exterior para seguir construíndo unha comunidade líder e innovadora audio O presidente participou no acto de entrega dos diplomas aos beneficiarios das Bolsas de Excelencia á Mocidade Exterior (BEME) e do programa Retorna Talento FP. Resalta a importancia das bolsas BEME, que cada ano traen á comunidade unhas 250 persoas para estudar mestrados. Pon en valor que o 80% dos beneficiarios deciden quedar en Galicia unha vez rematados os seus estudos. O próximo ano acadaranse os máis de 2.000 estudantes retornados, entre as... Máis información
-
07Abril2026Entrega de diplomas "Bolsas Excelencia Mocidade Exterior" | Promoción 25/26 audio Cada ano, centos de mozos e mozas da Galicia exterior toman unha decisión que lles cambia a vida: volver. Fano grazas ás bolsas BEME, que lles permiten formarse, medrar e reconectar coa súa terra. A promoción 2026 xa rematou o seu camiño… e queremos celebralo con eles. 9 de abril 11:30 h Museo Gaiás, Cidade da Cultura Poderás seguir a cerimonia en directo a través do Facebook e Instagram de Galicia Aberta. Máis información
-
02Abril2026A Xunta abre hoxe o prazo de solicitudes da nova convocatoria do programa Conecta co Voluntariado en Galicia centrado na mocidade galega no exterior audio O DOG xa publicou a edición de 2026 desta iniciativa dirixida a persoas de entre os 21 e os 30 anos e que busca facilitar o contacto coa realidade galega e a convivencia entre persoas de distintas procedencias con actividades culturais e medioambientais. Oferta 40 prazas para a mocidade galega residente no exterior e outras 10 para mozas e mozos residentes en Galicia co fin de favorecer o intercambio de experiencias e a creación de redes entre... Máis información
-
31Marzo2026A Xunta lanza unha nova edición de Conecta con Galicia no Camiño para reforzar os lazos da mocidade galega do exterior coa comunidade audio O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de 2026 do programa Conecta con Galicia no Camiño cunha oferta dun cento de prazas destinadas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 21 anos residentes no exterior. Desenvolverase entre os días 20 e 31 de xullo de 2026 e consiste na realización dun tramo a pé de 100 km do Camiño de Santiago e doutras actividades complementarias. O prazo de presentación de solicitudes abre mañá e prolongarase ata... Máis información
-
30Marzo2026Unhas 140 persoas galegas mozas do exterior poderán conectar coa cultura e o territorio de Galicia grazas ás novas convocatorias de dous programas da Xunta audio O Consello coñeceu hoxe as edicións de 2026 de ‘Conecta con Galicia no Camiño’ e ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’, cos que fomenta un maior coñecemento do seu territorio con actividades recreativas, medioambientais e culturais durante o verán. ‘Conecta con Galicia no Camiño’ destínase a mozos e mozas galegos de entre 18 e 21 anos residentes no exterior e consiste na realización dun tramo a pé de 100 km do Camiño de Santiago e doutras... Máis información
-
28Marzo2026A Xunta mostra en Costa Rica o seu apoio á colectividade galega residente neste país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Casa de España en Costa Rica, onde mantivo un encontro coa colectividade galega residente no país co obxectivo de coñecer de primeira man a súa situación e reforzar os lazos coa comunidade. Ademais, tamén se reuniu coa directiva do Lar Gallego de Costa Rica. No marco de ambas xuntanzas, Miranda destacou o papel fundamental destas entidades como punto de encontro e apoio para... Máis información
-
28Marzo2026Miranda aborda as políticas de acompañamento ao retorno da Xunta coa colectividade galega de Panamá audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodriguez Miranda, mantivo en Panamá un encontro con empresarios e membros da colectividade galega para abordar as políticas de acompañamento ao retorno impulsadas pola Xunta de Galicia. Durante a xornada, púxose o foco nas medidas destinadas a facilitar o regreso, apoiar novos proxectos profesionais e acompañar aos retornados no seu proceso de integración. Un paso máis para seguir reforzando a... Máis información
-
27Marzo2026A Xunta aborda vías de cooperación en América Latina para desenvolver o modelo galego de atracción de talento conectado coa demanda das empresas audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo diferentes encontros bilaterais en Quito no marco no foro organizado polo Goberno do Ecuador e o Banco Mundial. José González reuniuse co embaixador de España en Ecuador e con representantes gubernamentais de Ecuador, Colombia e República Dominicana para explorar novas oportunidades de colaboración en materia de mobilidade laboral. O conselleiro subliñou a importancia de avanzar de maneira... Máis información
-
27Marzo2026Miranda asiste en Panamá ao estreo de “Héroes del Canal”: “É un recoñecemento necesario ás historias humanas que hai detrás da emigración” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao estreo do documental “Héroes del Canal”, unha serie de catro curtametraxes que recuperan as historias de traballadores españois vinculados á construción do Canal de Panamá. Durante o acto, organizado pola Fundación Nosaterra na Cidade das Artes, Miranda puxo en valor esta iniciativa como un exercicio de memoria e dignificación da emigración, destacando que “proxectos coma... Máis información
Páxinas |









