Miranda reforza os lazos coa comunidade galega no Reino Unido nun encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Jesús Ledo, referente da comunidade galega residente en Londres, no que abordaron a situación actual da colectividade e o papel que continúa a desempeñar na difusión da cultura galega no Reino Unido. Miranda destacou a importancia de manter un contacto directo cos galegos residentes no país e de coñecer de primeira man as súas inquedanzas e necesidades.
Durante a reunión, o secretario xeral puxo en valor o compromiso de persoas como Jesús Ledo, que contribúen a manter viva a vinculación con Galicia e a fortalecer os lazos entre a colectividade e a súa terra de orixe. Miranda reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir acompañando á comunidade galega no Reino Unido e apoiando iniciativas que favorezan a conservación e transmisión da cultura, das tradicións e do sentimento de pertenza a Galicia entre as novas xeracións.
Novas relacionadas




