Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
15Outubro2025A Xunta pon en valor a nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’ que trouxo de regreso preto de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración recibiu na praza do Obradoiro as persoas participantes na iniciativa que chegaron a semana pasada a Galicia. Procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, salvo os que quedarán máis tempo para estar coa familia. José González destacou que o programa... Máis información
-
14Outubro2025Emigración convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o vindeiro 14 de novembro audio O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o 14 de novembro de 2025, segundo recolle a resolución asinada polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Esta convocatoria, que conta coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia, dá cumprimento ao establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto,... Máis información
-
13Outubro2025A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’ audio Coincidindo coa celebración do Día da Hispanidade, a artista ofreceu un concerto a pasada noite no centro cultural Palacio Libertad dirixido tanto á colectividade galega residente no país como ao público arxentino. A iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’ celebrouse aproveitando a visibilidade que outorga á comunidade a súa condición de convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do 12 de outubro. Ademais, antes... Máis información
-
12Outubro2025A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe Cidade da Prata no marco da viaxe institucional á Arxentina. José González recibiu, nun acto simbólico que tivo lugar na Praza Rocha, a autorización que permitirá a futura instalación dunha mouteira do Camiño de Santiago na Praza España. Engadiu que a futura mouteira servirá como testemuño da irmandade entre Galicia e A Arxentina, poñendo en valor a pegada da emigración galega neste... Máis información
-
11Outubro2025A Xunta promove o concerto de Baiuca en Bos Aires como referente da vangarda musical galega e da conexión cultural coas novas xeracións da diáspora audio A actuación tivo lugar na sala Groove e encádrase na iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’, celebrada con motivo de que Galicia fora escollida como convidada de honra pola Embaixada de España na Arxentina no Día da Hispanidade. Baiuca, proxecto musical de Alejandro Guillán Castaño, combina a tradición sonora galega con música electrónica, permitindo a chegar a novos públicos nun dos escenarios máis significativos da diáspora galega. A este... Máis información
-
10Outubro2025Rueda enxalza en Bos Aires a fortaleza dos lazos entre Galicia e A Arxentina e a proxección internacional da Marca Galicia Calidade audio O presidente da Xunta participou na celebración do Día da Hispanidade como invitado de honra, onde reivindicou a Galicia como terra de oportunidades que aposta polo retorno. Salienta a marca Galicia Calidade como unha carta de presentación de Galicia ante o mundo. Destaca a Estratexia Galicia Retorna, que entre 2018 e 2022 permitiu o retorno de máis de 28.000 persoas e que aspira a sumar outras 30.000 máis ata 2026. O presidente da Xunta,... Máis información
-
09Outubro2025A Xunta impulsa na Arxentina a proxección internacional do bo facer da cociña galega a través do evento ‘Saborea Galicia Calidade’ audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inaugurou hoxe en Bos Aires as catas temáticas dirixidas a público especializado. A cita promovida polo Goberno galego celébrase aproveitando a visibilidade que outorga a Galicia a súa condición de rexión convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do Día da Hispanidade. O conselleiro subliñou que se trata dunha oportunidade para proxectar a Galicia actual a través... Máis información
-
07Outubro2025Miranda aborda co presidente da FECEVE a situación actual da comunidade española e galega en Venezuela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela (FECEVE), Roberto González, na que ambos analizaron a situación actual da colectividade española e galega residente neste país, así como as necesidades máis urxentes que presentan no ámbito socio-asistencial. Durante o encontro, Miranda reiterou a total colaboración da Xunta de Galicia cos... Máis información
-
06Outubro2025Miranda dá a benvida en Vigo aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia", un retorno cheo de emocións e recordos audio Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, levarase a cabo do 6 ao 16 de outubro. Os participantes, cunha media de idade de 79 anos, teñen máis de 65 anos e proceden de Cuba, Venezuela, Brasil, Arxentina, Bolivia, México e Uruguai. Entre eles atópase un galego de 100 anos residente en Cuba, que regresa para reencontrarse coa súa terra. Todos estarán aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta de... Máis información
-
04Outubro2025O delegado da Xunta en Bos Aires participa na Comisión de Cultura da Lexislatura no proxecto para declarar a Luz Casal “Huésped de Honor” audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, asistiu á reunión da Comisión de Cultura da Lexislatura da Cidade Autónoma, presidida pola deputada Cecilia Ferrero, na que se tratou o proxecto de declaración de “Huésped de Honor” para a recoñecida artista galega Luz Casal. Esta iniciativa foi presentada pola deputada Silvia Imas. Durante a súa intervención, destacou os méritos artísticos e persoais de Luz Casal,... Máis información
Páxinas |









