A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe Cidade da Prata no marco da viaxe institucional á Arxentina.
José González recibiu, nun acto simbólico que tivo lugar na Praza Rocha, a autorización que permitirá a futura instalación dunha mouteira do Camiño de Santiago na Praza España.
Engadiu que a futura mouteira servirá como testemuño da irmandade entre Galicia e A Arxentina, poñendo en valor a pegada da emigración galega neste país e reforzando a proxección internacional do Camiño como símbolo de encontro e fraternidade.
Posteriormente, visitou o Centro Galego de La Plata, unha entidade histórica fundada en 1949 que, ao longo de máis de sete décadas, mantén viva a lingua, a cultura e as tradicións galegas.
A viaxe encádrase na iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’, celebrada con motivo de que Galicia fose escollida como convidada de honra pola Embaixada de España na Arxentina polo Día da Hispanidade.
A programación, que combina gastronomía e música, péchase hoxe, 12 de outubro, cun concerto de Luz Casal no centro cultural Palacio Libertad de Bos Aires.
A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago.
A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago.
A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago.
A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, visitou hoxe Cidade da Prata para recibir -nun acto simbólico que tivo lugar na Praza Rocha- a autorización por parte da Municipalidade para a instalación dunha mouteira do Camiño de Santiago na Praza España. Durante a súa estadía, tamén realizou unha visita ao Centro Gallego de la Plata.
A viaxe enmárcase na presenza institucional da Xunta de Galicia na Arxentina con motivo da iniciativa Saborea Galicia Calidade, desenvolvida na capital arxentina. A acción aproveita a visibilidade que supón que Galicia fose elixida rexión convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do Día da Hispanidade.
Esta programación, que combina gastronomía e música, péchase hoxe, 12 de outubro, cun concerto de Luz Casal no centro cultural Palacio Libertad de Bos Aires, no que se prevé a asistencia de preto de 2.000 persoas. A artista galega porá así o broche de ouro ás actividades coas que Galicia amosou na Arxentina o mellor da súa identidade e dinamismo.
O Camiño de Santiago como símbolo da galeguidade universal.
Durante o acto celebrado na Praza Rocha, o conselleiro salientou o carácter simbólico da futura mouteira do Camiño de Santiago, que -indicou- representará a unión entre Galicia e La Plata a través dun símbolo universal da galeguidade e da espiritualidade.
Engadiu que a mouteira servirá como testemuño da irmandade entre Galicia e A Arxentina, poñendo en valor a fonda pegada da emigración galega neste país e reforzando a proxección internacional do Camiño de Santiago, como símbolo de encontro e fraternidade.
José González destacou tamén que esta iniciativa exemplifica a colaboración entre a Xunta de Galicia e a Municipalidade de La Plata, traballando da man para continuar tecendo lazos culturais e institucionais entre territorios unidos por unha historia común de emigración.
Centro Gallego de la Plata.
Posteriormente, o conselleiro visitou o Centro Gallego de La Plata, unha entidade histórica fundada en 1949 que, ao longo de máis de sete décadas, mantén viva a lingua, a cultura e as tradicións galegas.
González subliñou o papel destes centros como verdadeiros fogares da galeguidade, espazos de encontro, identidade e memoria que serven de ponte entre xeracións e entre Galicia e a súa diáspora. Durante o encontro, agradeceu o compromiso da colectividade galega e reiterou o apoio da Xunta a través de programas destinados a fortalecer as comunidades galegas no exterior, así como da Estratexia Galicia Retorna, que facilita o regreso das persoas que desexen desenvolver o seu proxecto vital e profesional na súa terra de orixe.
Galicia, convidada de honra da Embaixada de España.
Este ano, a Embaixada de España na Arxentina escolleu Galicia como comunidade convidada de honra. Deste xeito, a programación de Saborea Galicia Calidade aproveita a proxección internacional deste recoñecemento para reforzar a presenza de Galicia no exterior e xerar novas oportunidades de colaboración económica e cultural. Ao mesmo tempo, consolida a imaxe da comunidade como unha rexión aberta, innovadora e competitiva no ámbito global.
Aos concertos sumáronse as catas celebradas o xoves pasado no Hotel Grand Brizo, a cargo do chef galego Manolo Costiña, do restaurante Retiro da Costiña (Santa Comba, A Coruña). Estas actividades, dirixidas a público especializado, tiveron como obxectivo contribuír á visibilidade e internacionalización do bo facer da cociña galega.
Novas relacionadas



