A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’

Coincidindo coa celebración do Día da Hispanidade, a artista ofreceu un concerto a pasada noite no centro cultural Palacio Libertad dirixido tanto á colectividade galega residente no país como ao público arxentino.

A iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’ celebrouse aproveitando a visibilidade que outorga á comunidade a súa condición de convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do 12 de outubro.

Ademais, antes da actuación, Luz Casal foi recoñecida pola Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires.

Este concerto sumouse ao ofrecido por Baiuca o pasado día 10 e á programación de catas celebradas o pasado xoves no hotel Grand Brizo da man do chef Manolo Costiña.

Con estas accións, o Goberno galego busca reforzar a presenza de Galicia no exterior, abrir novas vías de colaboración económica e cultural e consolidar a imaxe da comunidade como un territorio aberto, innovador e competitivo no ámbito global.

  • A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
  • A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
  • A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
  • A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
  • A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
    A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 13 de outubro de 2025.

Coincidindo coa celebración do Día da Hispanidade, a artista Luz Casal ofreceu un concerto a pasada noite en Bos Aires no marco da iniciativa Saborea Galicia Calidade, impulsada pola Xunta de Galicia na capital arxentina aproveitando a visibilidade que outorga á comunidade a súa condición de comunidade convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do 12 de outubro.

O programa Saborea Galicia Calidade é unha proposta pioneira de difusión no exterior do bo facer da cociña galega, dirixida principalmente a profesionais e medios especializados. A oferta completouse cunha programación artística que levou ata A Arxentina —un dos principais escenarios da diáspora galega— a creación musical galega contemporánea.

No caso de Luz Casal, unha das voces máis recoñecidas e internacionais de Galicia e de España, o concerto tivo lugar no centro cultural Palacio Libertad, ante preto de 2.000 persoas da colectividade galega e do público arxentino e ao que tamén asistiron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro. A cantante interpretou algúns dos grandes temas da súa traxectoria e presentou tamén composicións recentes. Ademais, antes da actuación, foi recoñecida pola Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires.

A súa actuación sumouse á de Baiuca, que subiu ao escenario o pasado día 10 en Groove, levando a súa proposta de fusión entre a tradición galega e a música electrónica. As actividades incluíron tamén dous pases de cata celebrados o pasado xoves no hotel Gran Brizo, dirixidos polo chef Manolo Costiña, do restaurante Retiro da Costiña (Santa Comba, A Coruña). Estas sesións, orientadas a público profesional, contribuíron á proxección internacional da excelencia da cociña galega e da marca Artesanía de Galicia.

Galicia, convidada de honra da Embaixada de España

Os concertos e demais actividades enmárcanse nas accións da Xunta de Galicia para aproveitar a visibilidade que supón ser convidada de honra pola Embaixada de España na Arxentina con motivo do Día da Hispanidade.

Con esta programación cultural e culinaria, o Goberno galego busca reforzar a presenza de Galicia no exterior, abrir novas vías de colaboración económica e cultural e consolidar a imaxe da comunidade como un territorio aberto, innovador e competitivo no ámbito global.

399 lecturas