Emigración convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o vindeiro 14 de novembro

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 14 de outubro de 2025.

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o 14 de novembro de 2025, segundo recolle a resolución asinada polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Esta convocatoria, que conta coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia, dá cumprimento ao establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas.

O órgano de representación permanente da colectividade galega no exterior está integrado por doce entidades electas: catro en representación dos galegos de América e do resto do mundo, catro de Europa e catro das comunidades autónomas españolas. Ademais, conta como membro nato coa Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas), pola súa condición de entidade con máis de 20.000 persoas asociadas.

402 lecturas