Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
13Novembro2025Miranda: “A cultura galega segue viva en Barcelona grazas ao compromiso de agrupacións como Toxos e Xestas das Casas de Galicia en Barcelona e provincia” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en un encontro de traballo cos responsables da Agrupación Cultural Amigos da Gaita "Toxos e Xestas" pertencentes a Entidade Casas de Galicia de Barcelona e Provincia, co obxectivo de profundizar na labor que esta histórica entidade vén desenvolvendo desde Cataluña na preservación da música tradicional galega. Durante a reunión, Miranda puxo en valor o compromiso deste... Máis información
-
10Novembro2025Miranda agradece a Cabaleiros de Santiago o seu compromiso coa colectividade e a cultura galega en Salvador de Bahía audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou o seu agradecemento á agrupación cultural Cabaleiros de Santiago polo seu apoio e participación en todos os actos celebrados durante a súa visita a Salvador de Bahía, recoñecendo a labor constante desta entidade na promoción da cultura galega e na conservación das tradicións entre a colectividade asentada no Brasil. Miranda destacou que “o traballo desinteresado e o... Máis información
-
09Novembro2025Miranda destaca en Salvador de Bahía o papel do Centro Recreativo União do Río Tea: “Son un exemplo de como a colectividade galega mantén viva a súa cultura a milleiros de quilómetros de Galicia” audio O secretario xeral da Emigración puxo en valor a labor desta entidade, fundada en 1974 por emigrantes de Ponteareas e Ponte Caldelas, que continúa a ser un referente social e cultural da galeguidade no estado de Bahía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no encontro do Centro Recreativo União do Río Tea, situado no municipio de Lauro de Freitas, nas proximidades de Salvador de Bahía, onde foi recibido polo... Máis información
-
09Novembro2025Miranda destaca en Salvador de Bahía o compromiso da colectividade galega e o seu papel como ponte entre Galicia e o Brasil audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Club Español de Salvador de Bahía, un espazo emblemático para a colectividade española e galega asentada nesta cidade brasileira. Durante o encontro, Miranda puxo en valor a longa traxectoria desta institución como punto de unión entre Galicia e Brasil, e aproveitou a ocasión para trasladar información sobre os programas da Xunta dirixidos ás galegas e galegos do exterior,... Máis información
-
09Novembro2025Miranda destaca en Salvador de Bahía o valor histórico do Galicia Esporte Clube como emblema da emigración e da cultura galega en Brasil audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor o legado deportivo e cultural do Galicia Esporte Clube, fundado por emigrantes galegos hai máis de 90 anos, e o seu papel como símbolo da galeguidade en Brasil. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións do Galicia Esporte Clube de Salvador de Bahía, onde foi recibido polo seu presidente, José Manuel Muíños Cabalar. Durante o... Máis información
-
08Novembro2025A Xunta destaca en Santander o valor dos centros galegos das distintas comunidades autónomas como pontes de unión e diversidade cultural audio A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cantabria no primeiro Festival de Casas Rexionais de España, organizado en colaboración con diferentes entidades, entre as que está o Centro Galego de Santander. A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cantabria no primeiro Festival de Casas Rexionais de España, organizado en colaboración... Máis información
-
08Novembro2025A Xunta destaca o labor histórico da Asociación Cultural As Xeitosiñas como entidade referente da preservación e difusión da galeguidade en Suíza audio O conselleiro participou en Zurich na Festa do Emigrante organizada pola Asociación Cultural As Xeitosiñas. José González puxo de manifesto os fortes lazos entre Galicia e o país helvético, no que actualmente residen máis de 41.000 galegas e galegos e que conta con 13 centros galegos recoñecidos no Rexistro da Galeguidade, entre eles o de As Xeitosiñas. Destacou o traballo desta asociación fundada en 1981 como exemplo de constancia e compromiso... Máis información
-
08Novembro2025Miranda subliña en San José de Río Preto a importancia das entidades para manter viva a nosa cultura e o orgullo de pertencer a terra de orixe audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a sede da Casa de España en San José de Río Preto, no marco da súa viaxe a Brasil. Durante o encontro co seu equipo directivo e coa colectividade, Miranda interesouse polas actividades culturais e sociais que desenvolve a entidade, que segue a ser un punto de encontro para os galegos residentes no interior do país. O responsable autonómico destacou o compromiso desta... Máis información
-
08Novembro2025Miranda: “A colaboración coas autoridades locais é clave para fortalecer os vínculos da colectividade galega” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en São José do Rio Preto un encontro institucional co prefeito do municipio, Fabio Candido, no que se abordaron as posibilidades de reforzar os lazos entre Galicia e a colectividade galega residente nesta cidade brasileña. Durante a xuntanza, Miranda subliñou o papel fundamental que xogan estas relacións locais no exterior para apoiar ás familias galegas, fomentar a... Máis información
-
07Novembro2025A delegada da Xunta acompaña á delegación empresarial de Lugo na súa visita ao Uruguai audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu na sede da Delegación da Xunta á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e á representación da Deputación Provincial. Tamén acompañou aos representantes do empresariado e ás autoridades da Deputación Provincial nos encontros ministeriais, con representantes sectoriais do país, así como coa representación diplomática de España. Domínguez subliñou o papel da colectividade galega como... Máis información
Páxinas |









