A delegada da Xunta acompaña á delegación empresarial de Lugo na súa visita ao Uruguai

  • A delegada da Xunta acompaña á delegación empresarial de Lugo na súa visita ao Uruguai

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 7 de novembro de 2025.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu na sede da Delegación da Xunta á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e á representación da Deputación Provincial.

Tamén acompañou aos representantes do empresariado e ás autoridades da Deputación Provincial nos encontros ministeriais, con representantes sectoriais do país, así como coa representación diplomática de España.

Domínguez subliñou o papel da colectividade galega como ponte económica e cultural e destacou que “as empresas lucenses representan un bo exemplo da Galicia innovadora e competitiva, que quere seguir fortalecendo os seus lazos co Uruguai”.

284 lecturas