Miranda subliña en San José de Río Preto a importancia das entidades para manter viva a nosa cultura e o orgullo de pertencer a terra de orixe

  • Miranda subliña en San José de Río Preto a importancia das entidades para manter viva a nosa cultura e o orgullo de pertencer a terra de orixe.
    Miranda subliña en San José de Río Preto a importancia das entidades para manter viva a nosa cultura e o orgullo de pertencer a terra de orixe.

Listen to this page using ReadSpeaker
San José de Río Preto (São Paulo), 8 de novembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a sede da Casa de España en San José de Río Preto, no marco da súa viaxe a Brasil. Durante o encontro co seu equipo directivo e coa colectividade, Miranda interesouse polas actividades culturais e sociais que desenvolve a entidade, que segue a ser un punto de encontro para os galegos residentes no interior do país.

O responsable autonómico destacou o compromiso desta institución coa preservación da cultura de orixe dos emigrantes, subliñando que “o traballo que realizan centros como este é fundamental para manter viva a nosa cultura e transmitir ás novas xeracións o orgullo de pertencer a Galicia, estean onde estean”.

400 lecturas