Requirimentos de emenda das solicitudes de axuda correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2010 (Programa B)

Listen to this page using ReadSpeaker
1399 lecturas
Publicación do listado de entidades galegas que deben enmendar as solicitudes de axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DO PROGRAMA B. AXUDAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS DE EMIGRANTES GALEGOS NO EXTERIOR PARA A MELLORA DE DOTACIÓNS E EQUIPAMENTOS DA RESOLUCIÓN DO 11 DE XANEIRO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2010

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro do Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 8º.2 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou non achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2. C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com

Ver listado

Data de publicación: 
05.04.2010
Data fin de prazo: 
16.04.2010
Listas a convocatoria asociadas: