Requirimento Nº 2 de emenda de documentación xustificativa do Programa A de Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións.

Listen to this page using ReadSpeaker
1077 lecturas
Estado: 
Procedemento pechado

REQUIRIMENTO Nº 2.

Estado: Procedemento Pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS Nº 2 DE EMENDA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PRESENTADA POLAS ENTIDADES GALEGAS QUE SE INDICAN AO ABEIRO DO PROGRAMA A. AXUDAS A ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA A REFORMA, REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DAS SÚAS INSTALACIÓNS DA RESOLUCIÓN DO 11 DE XANEIRO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS  NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2010.

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro do Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas  no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións ás solicitudes de información terán un carácter meramente informativo para a entidade solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 14º da resolución de convocatoria.

Ver listado: picar aquí para descargar

Modelos de emenda:

  • Anexo VI: (PDF)
  • Anexo VII: (PDF)

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2010.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
07.12.2010
Data fin de prazo: 
20.12.2010
Listas a convocatoria asociadas: