Requirimento Nº 2 de emenda de documentación xustificativa do Programa C Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior. Ano 2010.

Listen to this page using ReadSpeaker
1024 lecturas
Estado: 
Procedemento pechado

REQUIRIMENTO Nº 2.

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS Nº 2 DE EMENDA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PRESENTADA POLAS ENTIDADES GALEGAS QUE SE INDICAN AO ABEIRO DO PROGRAMA C. AXUDAS PARA O ACONDICIONAMENTO E DOTACIÓN E/OU RENOVACIÓN DE FONDOS DAS BIBLIOTECAS PERTENCENTES ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR DA RESOLUCIÓN DO 11 DE XANEIRO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS  NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2010

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro do Programa C. Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas  no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións ás solicitudes de información terán un carácter meramente informativo para a entidade solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 14º da resolución de convocatoria.

Ver listado: picar aquí para descargar

Modelos de emenda:

  • Anexo VI: (PDF)
  • Anexo VII: (PDF)

Data fin de prazo: 20 de decembro de 2010

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2010.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
07.12.2010
Listas a convocatoria asociadas: