A delegada da Xunta no Uruguai participa nas celebracións do Día das Letras Galegas mantendo viva a cultura galega na diáspora
Montevideo (Uruguai), 20 de maio de 2024.
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou coa comunidade galega en Uruguai nas celebracións do Día das Letras Galegas subliñando a importancia de manter viva a cultura galega na diáspora.
O primeiro acto tivo lugar no Patronato da Cultura Galega, onde estudantes de lingua galega leron a biografía da poeta homenaxeada, Luisa Villalta. O segundo acto realizouse no Centro Val Miñor, en colaboración con A Casa de Galicia, e onde se presentou tamén a biografía da escritora galega. Posteriormente, as bandas, pandereteiras e grupos de danza de ambas entidades deleitaron ás e aos asistentes cunha exhibición de música e danza tradicional galegas.
Novas relacionadas





