A delegada da Xunta no Uruguai participa no Centro Gallego de Montevideo, no Centro Ourensán e no Alma Gallega na celebración do Día das Letras Galegas fortalecendo os lazos e promovendo a cultura galega
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas 2024 en Montevideo

O Centro Gallego de Montevideo celebrou o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades e unha disertación do xornalista Enrique Conde sobre Luísa Villalta. A continuación, presentouse a obra teatral Todo ten Goberno polo grupo de teatro do Patronato da Cultura Galega.
O Centro Ourensán tamén se sumou ás celebracións do Día das Letras Galegas, reforzando a importancia de preservar a nosa lingua e tradicións. Esta foi a primeira actividade oficial da actual directiva do Centro, que incluíu actuacións musicais e actividades culturais para poñer en valor a figura de Luísa Villalta, destacando o seu legado literario e musical.
A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou tamén no Centro Cultural e Recreativo Alma Gallega na celebración do Día das Letras Galegas nun evento no que tamén se proxectou un vídeo de Luísa Villalta.
Novas relacionadas