A delegada da Xunta en Uruguai participa nun dos actos organizados polo 145 Aniversario do Centro Galego de Montevideo e destaca o papel da Administración Autonómica na preservación da cultura galega no exterior

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nun dos actos conmemorativos organizados polo 145 aniversario do Centro Galego de Montevideo, onde destacou o papel fundamental desta institución na preservación da cultura e identidade galegas no exterior. Elvira Domínguez asistiu tamén no Patronato da Cultura Galega á proxección dun filme sobre Alexandre Bóveda, subliñando a relevancia de manter viva a memoria histórica de figuras tan significativas para Galicia.
Ademais, a delegada estivo presente no 57º aniversario da Asociación de Institucións Españolas en Uruguai, onde resaltou a fraternidade que une as distintas comunidades españolas no país e o apoio mutuo que se brindan. Este evento reflicte o espírito de colaboración e irmandade que caracteriza á emigración española en Uruguai.
Por último, asistiu ao 106º aniversario da Unión de Hijos de Morgadanes onde destacou a importancia de manter vivas as tradición culturais galegas, e tamén a festa organizada pola banda Irmandade na Taberna Celta do Val Miñor.
Novas relacionadas