A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos de celebración polos 58 anos do Patronato da Cultura Galega de Montevideo

Imaxe da celebración do 58º aniversario do Patronato da Cultura Galega na capital uruguaia
Imaxe da celebración do 58º aniversario do Patronato da Cultura Galega na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 21 de setembro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración polo 58º aniversario do Patronato da Cultura Galega do Uruguai celebrado esta fin de semana na súa sede en Montevideo.  

No acto tamén estiveron presentes a cónsul general de España no Uruguai, María Victoria Scola, o presidente do Patronato da Cultura Galega, José Piñeiro, e Charo Gil, presidenta da Federación de Asociaciones Gallegas no Uruguai. O Patronato da Cultura Galega de Uruguai fundouse en 1964 e ten como obxectivo a defensa dos valores, a cultura do pobo galego e o seu idioma.

141 lecturas