A delegada da Xunta no Uruguai participa nas celebracións do Día das Letras Galegas mantendo viva a cultura galega na diáspora

  • Imaxe das celebracións do Día das Letras Galegas 2024 no Uruguai
    Imaxe das celebracións do Día das Letras Galegas 2024 no Uruguai
  • Imaxe das celebracións do Día das Letras Galegas 2024 no Uruguai
    Imaxe das celebracións do Día das Letras Galegas 2024 no Uruguai
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 20 de maio de 2024.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou coa comunidade galega en Uruguai nas celebracións do Día das Letras Galegas subliñando a importancia de manter viva a cultura galega na diáspora.

O primeiro acto tivo lugar no Patronato da Cultura Galega, onde estudantes de lingua galega leron a biografía da poeta homenaxeada, Luisa Villalta. O segundo acto realizouse no Centro Val Miñor, en colaboración con A Casa de Galicia, e onde se presentou tamén a biografía da escritora galega. Posteriormente, as bandas, pandereteiras e grupos de danza de ambas entidades deleitaron ás e aos asistentes cunha exhibición de música e danza tradicional galegas.
 

501 lecturas