A Delegada da Xunta en Uruguai participa nas celebracións das Letras Galegas en Montevideo para reafirmar o compromiso coa cultura galega

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou esta fin de semana nos distintos actos organizados pola colectividade galega de Montevideo con motivo do Día das Letras Galegas, unha celebración que volveu poñer de manifesto o compromiso das entidades galegas no exterior coa promoción da lingua, da cultura e das tradicións da nosa terra. A representante da Xunta asistiu en primeiro lugar ao acto organizado polo Centro Galego de Montevideo, continuando posteriormente coa súa participación nas actividades desenvolvidas polo Centro Pontevedrés de Montevideo e tamén nos actos celebrados na Casa de Galicia xunto á Unión Hijos de Morgadáns e o Centro Valle Miñor.
Durante a súa asistencia aos diferentes actos, Domínguez destacou o valor destas celebracións como espazos de encontro interxeracional que permiten manter viva a identidade galega máis alá das fronteiras. Ademais, puxo en valor o traballo constante das entidades galegas en Uruguai, agradecendo o esforzo de directivas, socios e colaboradores por continuar impulsando iniciativas que contribúen á difusión da lingua, da cultura e das tradicións galegas entre as novas xeracións da colectividade.
Novas relacionadas