Aegama celebra a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid
O seu presidente, Julio Lage, anunciou apoio á proxección internacional das súas empresas e ao emprendemento.
A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) levou a cabo na tarde de onte a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia, onde foron recibidos e recibidas polo Delegado da Xunta, José Ramón Ónega.
Nun sinxelo acto conducido polo locutor Elías Rodríguez, o presidente de Aegama, Julio Lage, afirmou que a Asociación seguirá apoiando en todo o posible ás empresas dos seus e as súas membros nestes tempos de crise económica, apuntando en especial á loita internacional para a que contan coas relacións de Aegama con outras asociacións empresariais galegas no exterior. Anunciou ademais que apoiarán fortemente o emprendimiento.
Neste sentido, Elías Rodríguez concretou a existencia dun novo programa, "Aegama emprende", iniciativa do seu novo vicepresidente, Silvia Catoira, que conta co apoio da empresaria Rosa González García, de Espectadia.
Para afastar o pesimismo da crise económica e recordar os obstáculos e dificultades superadas ao longo dos anos, Catoira seleccionou algunhas cancións de Fuxan os ventos que as e os asistentes ao acto escoitaron mentres se proxectaban fermosas imaxes de Galicia.
Acompañou aos importantes empresarios e empresarias que forman parte da Asociación o presidente da Cámara de Comercio de México en Madrid.
Novas relacionadas





