A Casa de Galicia en Madrid celebra o Día de Galicia

José Ramón Ónega entrega os diplomas a diferentes personalidades para recoñecer a súa "colaboración e afecto" á Casa.

Asistiron, entre outros e outras, a ministra de Fomento, Ana Pastor Julián; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; o deputado por Ourense, Guillermo Collarte; o delegado do Goberno de Navarra, Salvador Estébanez Eraso; a secretaria xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas Abadía; e o concelleiro-presidente do Distrito Moncloa del Ayuntamiento de Madrid, Álvaro Ballarín Valcárcel.

O inicio do acto estivo marcado pola música popular do grupo de gaitas Vagalume da Asociación Galega Corredor do Henares.

O remate do evento correu a cargo do Dúo Sons-Nús, formado pola cantante Maite Dono e o contrabaixista Baldo Martínez.

Máis dunha ducia de personalidades, de diferentes ámbitos, recibiron o diploma pola súa "colaboración e afecto" a Casa de Galicia.

No transcurso da celebración, tamén se inaugurou a "Galería de Retratos dos Presidentes e anteriores Directores da Casa"; en palabras de Ónega, unha pequena homenaxe e recoñecemento aos "que traballaron e "se esforzaron para construír o que hoxe significa esta institución".

Listen to this page using ReadSpeaker

Fotografía de familia da celebración, na Casa de Galicia en Madrid, do Día de Galicia. "Un sinxelo acto, institucional e lúdico ao mesmo tempo para conmemorar o Día de Galicia en Madrid", deste modo definiu o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, para recordar, onte, 17 de xullo ás 19 horas, a Festa Maior de Galicia que se celebra o 25 de Xullo en honor a Santiago Apóstolo.

O acto iniciouse cos sons da música popular das gaitas, bombo e tamboril do grupo Vagalume da Asociación Galega do Corredor do Henares, que ataviados co traxe típico de gala, reservado ás grandes ocasións, interpretaron pasarrúas, alboradas, marchas, mazurcas, muiñeiras e pasodobres.

Seguidamente, o delegado e os anteriores directores desta Institución procederon a inaugurar a "Galería de Retratos dos Presidentes e anteriores Directores da Casa" en palabras de Ónega, "unha pequena homenaxe e recoñecemento a quen traballou e se esforzaron para construír o que hoxe significa esta Casa".

Unha vez inaugurada a Galería Ónega, xunto coas autoridades asistentes, fixeron entrega a quince personalidades (achégase listado alfabético) que se caracterizaron por "os seus méritos persoais e profesionais e polo afecto e colaboración coa Casa de Galicia. Tras nomear cada un dos diplomados e diplomadas e ler un breve currículo fíxoselles entrega da distinción, seguida dunhas breves palabras por parte de cada galardoado.

O punto final púxoo a actuación do Dúo Sons-Nús, formado pola cantante Maite Dono e o contrabaixista Baldo Martínez e en cuxo repertorio non faltou o sempre emocionante Himno Galego capaz de trasladar a mesma Galicia coas súas notas, especialmente se a interpretación é tan especial como a que ofrecen Sons-Nús e é en Madrid, a máis de cincocentos kilómetros da Terra.

RELACIÓN DE DIPLOMADOS E DIPLOMADAS
Excmo. Sr. D. JOSÉ MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ, Portavoz do Grupo Parlamentario Popular en el Senado
Sr. D. JOSÉ LUIS BARRERA MORATE, Xeólogo. Conselleiro Delegado das empresas do Grupo Barrera en Madrid
Sr. D. OVIDIO CADENAS QUEIPO, Presidente de FAGAMA
Sra. Dna. PILAR FALCÓN OSORIO, Presidenta do Club de Periodistas Galegos en Madrid
Excma. Sra. Dna. MARTA FERNÁNDEZ CURRÁS, Secretaria de Estado de Presupuestos y Gastos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España
Excmo. Sr. D. CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ, Escritor e Ex ministro de Cultura
Excmo. Sr. D. PEDRO NÚÑEZ MORGADES, Diputado da Asamblea da Comunidade de Madrid
Excmo. Sr. D. MANUEL PÉREZ GONZÁLEZ, Catedrático emérito de Dereito Internacional da Universidade Complutense
Sr. D. FERNANDO RAMOS RODRÍGUEZ, Conselleiro Delegado/Director xerente de CLINER
Excmo. Sr. D. JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ-VILLASANTE Y PRIETO, Xeral conselleiro togado do Corpo Xurídico de Defensa
Sr. D. BIEITO RUBIDO RAMONDE, Director de ABC
Sr. D. RAMÓN MARÍA LUIS SÁNCHEZ GONZÁLEZ, Notario
Sr. D. JULIO TOUZA RODRÍGUEZ, Doctor en Arquitectura
Excmo. Sr. D. RAMÓN TRILLO TORRES, Maxistrado. Ex presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo
Excmo. Sr. D. FRANCISCO VILLAR GARCÍA-MORENO, Diputado do grupo popular. Secretario de Estado de Administracións Públicas. Secretario de Estado para o Deporte (Entrégase a título póstumo).

1131 lecturas