Aegama celebra a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid

O seu presidente, Julio Lage, anunciou apoio á proxección internacional das súas empresas e ao emprendemento.

  • A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) levou a cabo onte a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid.
    A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) levou a cabo onte a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid.
  • A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) levou a cabo onte a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid.
    A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) levou a cabo onte a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid.
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 14 de decembro de 2012.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) levou a cabo na tarde de onte a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia, onde foron recibidos e recibidas polo Delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

Nun sinxelo acto conducido polo locutor Elías Rodríguez, o presidente de Aegama, Julio Lage, afirmou que a Asociación seguirá apoiando en todo o posible ás empresas dos seus e as súas membros nestes tempos de crise económica, apuntando en especial á loita internacional para a que contan coas relacións de Aegama con outras asociacións empresariais galegas no exterior. Anunciou ademais que apoiarán fortemente o emprendimiento.

Neste sentido, Elías Rodríguez concretou a existencia dun novo programa, "Aegama emprende", iniciativa do seu novo vicepresidente, Silvia Catoira, que conta co apoio da empresaria Rosa González García, de Espectadia.

Para afastar o pesimismo da crise económica e recordar os obstáculos e dificultades superadas ao longo dos anos, Catoira seleccionou algunhas cancións de Fuxan os ventos que as e os asistentes ao acto escoitaron mentres se proxectaban fermosas imaxes de Galicia.

Acompañou aos importantes empresarios e empresarias que forman parte da Asociación o presidente da Cámara de Comercio de México en Madrid.

966 lecturas