Un fillo de emigrantes á fronte da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay

A asociación é a máis antiga en activo na diáspora española.

Listen to this page using ReadSpeaker

Por primeira vez un descendente de emigrantes galegos ocupa o cargo de presidente da Asociación de Empresarios Gallegos de Uruguay (AEGU) coa elección de Jorge Expósito para suceder a César Antelo á fronte da organización durante o próximo bienio.

A pesar dos poucos anos que leva como socio da asociación, Expósito foi elixido coa maior cantidade de votos rexistrada nas eleccións da asociación, que é a máis antiga en actividade na diáspora española.

Expósito foi capaz de obter o apoio dos asociados para construír unha lista única que agrupa ás distintas tendencias presentes entre os dous centenares de empresarios galegos, emigrantes e descendentes, afincados en Uruguai que forman parte da institución.

1612 lecturas