Emigración participa na Ofrenda Floral ao Emigrante que celebra o Concello de Val do Dubra

 A subdirectora de Coordinación Administrativa da Secretaría Xeral, María Baleato, asistiu aos actos celebrados na honra dos veciños desta localidade que residen no exterior.

  • Emigración participa na Ofrenda Floral ao Emigrante que celebra o Concello de Val do Dubra
    Emigración participa na Ofrenda Floral ao Emigrante que celebra o Concello de Val do Dubra
  • Emigración participa na Ofrenda Floral ao Emigrante que celebra o Concello de Val do Dubra
    Emigración participa na Ofrenda Floral ao Emigrante que celebra o Concello de Val do Dubra
Listen to this page using ReadSpeaker
Val do Dubra (A Coruña), 6 de agosto de 2022.

A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, asistiu hoxe aos actos na honra ao Emigrante que organiza o concello de Val do Dubra, onde tivo lugar unha ofrenda floral para lembrar aos veciños deste municipio que residen no exterior.

O concello celebrou este acto cunha misa solemne, ademais da tradicional ofrenda floral ante a estatua do emigrante, durante a cal, a subdirectora da Secretaría Xeral da Emigración destacou que “a labor que que dende a administración autonómica estamos a realizar para apoiar aos nosos galegos do exterior”.

María Baleato recordou que dende a Secretaría Xeral da Emigración mantense un  contacto estreito con tódolos galegos do exterior, centros e asociacións de galegos de Europa e América; reforzando as axudas directas as persoas e as entidades e ampliando as pontes para o retorno non só dos galegos que marcharon senón dos seus descendentes.

823 lecturas