A Fundación Luis Seoane analiza a situación en Ucraína coa primeira asociación galega de axuda ás e aos refuxiados deste conflicto no seu novo episodio do podcast “Galicia é Migrante”

Foto: Fundación Luis Seoane
Foto: Fundación Luis Seoane
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2022.

A Secretaria Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane “Galicia é Migrante” e no que, nesta edición, se analiza a situación do conflito en Ucraína.

Este proxecto, que conta co apoio da Secretaría Xeral, permite ofrecer información tanto sobre os galegos e galegas do exterior como sobre as e os novos galegos chegados de outros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor. Neste novo programa de 2022, o sexto dende a súa creación, tamén se continúa coa análise da correspondencia entre Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane. O programa pódese escoitar nesta ligazón.

300 lecturas