Emigración comparte un novo episodio do podcasting mensual “Galicia é Migrante” en colaboración coa Fundación Luis Seoane

Foto: Fundación Luis Seoane
Foto: Fundación Luis Seoane
Canal Seoane - "Galicia é migrante II". Episodio 7
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane, “Galicia é Migrante”, que permite ofrecer información tanto sobre as galegas e galegos do exterior como sobre as e os novos galegos chegados doutros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor.

No novo programa, o locutor Antón Lezcano entrevista ao director e guionista Óliver Laxe, director e guionista do filme O que arde que obtivo o premio do xurado na sección “Un Certain Regard” do Festival de Cannes, así como ao encargado de A Nosa Casa de Galicia en París, Senén Fente Díaz. Finalmente, como é habitual, péchase cunha nova correspondencia entre Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo. O programa pódese escoitar nesta ligazón.

319 lecturas