Ramón Villares clausura o congreso de Luis Seoane, o «gran deseñador da cultura e da idea de Galicia»

«Luís Seoane foi a persoa que máis intensamente pensou Galicia?», dixo Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Gallega, na conferencia de clausura do congreso internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía, que dende o día 6 se levou a cabo no Consello da Cultura Gallega, en Compostela, e que finalizou onte en A Coruña, na sede da Fundación.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de abril de 2010.

Tras a conferencia, foi inaugurada a exposición Luis Seoane: la configuración del posible nun acto que contou tamén coa presenza do alcalde herculino, Javier Losada, e do director da Fundación, Alberto Ruiz de Samaniego. CCG e Fundación Luis Seoane impulsarán tamén tres encontros sobre as distintas facetas do artista que terán lugar en maio, outubro e novembro nas universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, respectivamente.

«Diseñador de cultura»

O historiador e presidente do CCG, Ramón Villares, aludiu a Seoane cómo «un gran deseñador da cultura e da idea de Galicia» nunha ponencia presentada co título As Galicias de Luís Seoane. Catro Galicias que son as da eclosión republicana, a do exilio, a ideada para o retorno e unha cuarta descuberta despois do encontro Seoane-Isaac Díaz Pardo en Bos Aires. Un proxecto cultural, estético, industrial e vital que, como a obra de Seoane, «contribuiu a renovar a idea de Galicia».

A cuarta e última sesión do congreso abriuse coa conferencia de Justo Beramendi (Universidade de Santiago) sobre «O exilio e os galeguistas do interior: acordos e disidencias (1940-1970)» que puxo o acento nas distancias que terminaron por crear un boquete entre os dous mundos.

1956 lecturas