Emigración colaborará coa Fundación Luis Seoane co obxectivo de difundir o podcast mensual “Galicia é migrante”

Imaxe da reunión telemática celebrada esta mañá
Imaxe da reunión telemática celebrada esta mañá
Podcast "Galicia é migrante II" - Episodio 4
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión telemática coa presidenta da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, e o director do programa “Galicia é migrante”, Alejandro Pan, co obxectivo de colaborar na difusión deste podcast mensual que busca homenaxear o espírito da emisión radiofónica que facía o propio Seoane nos anos 50.

Este proxecto permite ofrecer información tanto sobre os galegos e galegas do exterior como sobre as novas e os novos galegos chegados de outros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor. No primeiro programa que compartiremos, o locutor Antón Lezcano entrevista ao coordinador das asociacións e centros galegos en Alemaña, Ramiro Vieito. O programa pódese escoitar nesta ligazón

352 lecturas