Emigración anima ás e aos universitarios galegos do exterior a solicitar unha bolsa BEME recordando que en breve se abrirá a convocatoria

A convocatoria das BEME 2022-2023 abrirase a comezos do vindeiro mes de febreiro
A convocatoria das BEME 2022-2023 abrirase a comezos do vindeiro mes de febreiro
María Valverde - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración anima ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa de Excelencia Mocidade (BEME) para facer un máster o próximo curso nas universidades galegas, tendo en conta que en breve abrirase a nova convocatoria.

María Valverde, estudante bolseira BEME da Universidade de Vigo na actualidade, retornada do Reino Unido, anima aos posibles candidatos e candidatas a preparar a súa documentación para poder optar a unha destas bolsas que permiten mellorar a súa formación en Galicia de cara á busca dun futuro emprego. 

440 lecturas