Emigración anima ás e aos galegos universitarios do exterior a preparar a súa documentación para a próxima apertura da campaña de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

Xosé conta no seguinte vídeo a súa experiencia como bolseiro BEME
Xosé conta no seguinte vídeo a súa experiencia como bolseiro BEME
Xosé - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recupera as experiencias de antigas e antigos universitarios galegos do exterior que optaron a unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior – BEME, o que lles permitiu regresar a Galicia para ampliar a súa formación. O departamento autonómico anima así a aquelas e aqueles que cumpran os requisitos a que preparen a súa documentación xa que en breve terá lugar a apertura da nova convocatoria para o próximo curso 2022/23. Estas bolsas permiten cursar un máster nunha das tres universidades galegas.  

Xosé cóntanos como aproveitou esta bolsa para retornar de Escocia tras pasar alí 13 anos.

354 lecturas