Emigración recorda ás e aos universitarios galegos do exterior que xa está aberta a nova convocatoria de bolsas BEME para cursar un máster nunha universidade galega

O prazo de solicitude das bolsas BEME 2022 abriuse esta semana
O prazo de solicitude das bolsas BEME 2022 abriuse esta semana
Manuel Silva - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria  que dende o pasado xoves, día 3 de febreiro, está aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para facer un máster o próximo curso nas universidades galegas.

Manuel Silva, estudante bolseiro BEME da Universidade de Vigo na actualidade, natural de Cambados e retornado de Guatemala, anima neste vídeo aos posibles candidatos e candidatas a presentarse a estas bolsas que permiten mellorar a súa formación en Galicia de cara á busca dun futuro emprego.  

491 lecturas