Emigración anima aos galegos e galegas do exterior a preparar a súa documentación para a próxima convocatoria das bolsas de máster BEME

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración
Vídeo informativo da próxima convocatoria das Bolsas BEME 2022-2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anima aos galegos e galegas do exterior que desexen facer un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 22/23 a comprobar se cumpren os requisitos para poder solicitar unha das 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME que acaba de autorizar o Consello da Xunta de Galicia.

Miranda recorda que nos próximos meses sairá a convocatoria destas bolsas, que teñen unha dotación de entre 7.000 e 11.574 euros, e que pode abrir as portas aos galegos e galegas do exterior que desexan mellorar a súa formación e retornar a Galicia. Deste xeito, é importante contar con toda a documentación necesaria para a súa presentación en canto se abra o prazo de solicitude.

709 lecturas