A nova convocatoria das bolsas BEME continúa aberta ofrecendo 250 prazas para realizar un máster nunha universidade de Galicia a galegas e galegos do exterior

O prazo de solicitude das bolsas BEME 2022 está aberto ata o 29 de abril
O prazo de solicitude das bolsas BEME 2022 está aberto ata o 29 de abril
Aarón Navia - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que continúa aberta a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que permite que mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria poidan optar a facer un máster o próximo curso nas universidades galegas.

Aarón Navia, estudante bolseiro Beme da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo na actualidade, retornado de Ecuador, onde traballou como actor, anima aos posibles candidatos e candidatas a preparar a súa documentación para poder optar a unha destas 250 bolsas que permiten mellorar a formación en Galicia de cara á busca dun futuro emprego.  

373 lecturas