Emigración recorda que só faltan uns días para que abra a nova convocatoria das bolsas BEME para universitarias e universitarios galegos do exterior

A convocatoria das bolsas BEME 2023-2024 abrirase a comezos do vindeiro mes de febreiro
A convocatoria das bolsas BEME 2023-2024 abrirase a comezos do vindeiro mes de febreiro
María Valverde - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda que só faltan uns días para que se abra a nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME para universitarias e universitarios galegos do exterior, polo que anima a todas e todos os interesados a que preparen a súa documentación. Esta axuda permite a realización dun máster para o curso 2023/24 nunha das tres universidades galegas.

María Valverde, estudante bolseira BEME da Universidade de Vigo, retornada do Reino Unido, anima aos posibles candidatos e candidatas a preparar a súa documentación para poder optar a unha destas bolsas que permiten mellorar a súa formación en Galicia de cara á busca dun futuro emprego. 

149 lecturas