Miranda recibe ao novo responsable do Centro Galego de Zug - A Nosa Terra (Suíza)

Miranda e Alonso, no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Miranda e Alonso, no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Manuel Alonso, novo responsable do Centro Galego de Zug - A Nosa Terra, con quen analizou os novos proxectos e iniciativas cos que están a traballar nesta entidade suíza.

Neste senso, o secretario xeral da Emigración trasladoulle a total colaboración deste departamento no proceso de impulso da entidade suíza.

Durante a reunión, Miranda e Alonso analizaron a situación dos galegos e galegas nesta cidade de Suíza, en especial a evolución da pandemia e como afectou á colectividade, así como o desexo da nova directiva de traballar na promoción e difusión do Xacobeo 21-22, de cara a que sexa coñecido non só entre os galegos e galegas que residen alí senón tamén entre os propios veciños e veciñas da localidade de Zug.

En Suíza residen actualmente un total de 41.169 galegas e galegos, dos que 18.951 son nados en Galicia e o resto, descendentes.

460 lecturas