Miranda recibe ao tesoureiro do Centro Espanhol de Santos, con quen analizou a situación das e dos galegos residentes nesta cidade brasileira

Miranda e Álvarez, no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Miranda e Álvarez, no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao tesoureiro do Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos, Ricardo Álvarez, con quen analizou a situación actual dos galegos e galegas residentes nesta cidade brasileira.

Ricardo Álvarez tamén foi presidente con anterioridade desta entidade, e actualmente compaxina o cargo co de vicepresidente da Asociación de Empresarios Galegos de São Paulo​. En Brasil residen a día de hoxe 49.970 cidadás e cidadáns galegos, dos que 10.980 naceron en Galicia. 

477 lecturas