Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Nüremberg, con quen analizou o reinicio das actividades presenciais da entidade en Alemaña
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na sede do departamento autonómico ao presidente do Centro Galego de Nüremberg, Gerardo Arias, con quen analizou a situación dos galegos e as galegas nesta cidade de Alemaña durante a época da pandemia así como a reactivación das súas actividades presenciais.
Neste senso, o secretario xeral confirmoulle a Gerardo Arias que visitará proximamente o centro de cara a recuperar o contacto directo coas e cos galegos do país teutón e animoulles a continuar a traballar en prol da cultura e da lingua galegas, así como na promoción e difusión do Xacobeo 21-22. En Alemaña residen actualmente 17.600 cidadás e cidadáns galegos, dos que 8.020 son nados na comunidade autónoma e o resto, descendentes.
Novas relacionadas