Miranda e o presidente de 'As Xeitosiñas' de Zürich manteñen unha reunión centrada na realidade da colectividade e dos centros galegos en Suíza

Antonio Rodríguez Miranda e José Gil, durante a reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e José Gil, durante a reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente da Asociación Cultural ASC ‘As Xeitosiñas’ de Zürich, José Gil, con quen analizou os proxectos de futuro para esta entidade de Suíza así como a realidade da colectividade e dos centros galegos neste país centroeuropeo.

Durante a reunión, Miranda trasladoulle ao representante desta entidade o compromiso da Xunta cos galegos e galegas en Suíza de cara a sacar adiante proxectos de futuro que modernicen e atraian ás xeracións máis novas do país e promocionen a cultura galega. Ademais, tamén se analizou a próxima celebración do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, xa que este centro é membro da Comisión Delegada. 

224 lecturas