Miranda e o directivo do Centro Galego de Lucerna, Carlos Canosa, analizan a actividade desta entidade na promoción da cultura galega en Suíza
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a Carlos Canosa, expresidente e actual directivo do Centro Galego de Lucerna, con quen analizou as iniciativas que se están a desenvolver ao longo deste ano neste centro galego de Suíza, así como as iniciativas que teñen previsto levar a cabo ao longo do resto do ano para a promoción da cultura galega entre os cidadáns e cidadás desta localidade.
Miranda e Canosa aproveitaron o encontro para analizar, xuntos, a situación actual dos galegos e galegas neste cantón suízo, en especial como está a calar entre a colectividade a nova Estratexia Galicia Retorna coas medidas postas en marcha para animar aos galegos e galegas do exterior ao retorno á comunidade autónoma.
Novas relacionadas