Miranda recibe ao secretario xeral de A Nosa Galiza de Xenebra, con quen analizou a reactivación das actividades deste centro galego de Suíza

Imaxe da reunión na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao secretario xeral do centro galego A Nosa Galiza de Xenebra, Antonio Sánchez, con quen analizou a reactivación das actividades presenciais desta entidade trala mellora da situación da pandemia no país helvético.

Miranda e Sánchez analizaron así la planificación que está a preparar este centro de cara á posta en marcha de diversas iniciativas como novas xornadas de difusión de produtos galegos ou o inicio das actividades formativas presenciais e, en especial, á difusión do Camiño de Santiago durante os próximos meses e todo 2022 entre os galegos e galegas da Suíza.  

638 lecturas