Emigración amplía as axudas de reforzo covid para galegas e galegos emprendedores retornados

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación da liña de axudas de reforzo covid para galegas e galegos emprendedores retornados da Secretaría Xeral da Emigración.

A modificación publicada hoxe no DOG especifica que poderán solicitar esta axuda de retorno emprendedor covid aquelas e aqueles galegos retornados que foron beneficiarios da axuda para a posta en marcha dunha iniciativa de emprendemento en 2020.

Este programa conta con dúas liñas de axudas, unha destinada a promover o autoemprego e a actividade emprendedora, e outra de reforzo covid-19 que ten como obxectivo manter o autoemprego naqueles casos de emprendedoras e emprendedores que solicitaron unha axuda en edicións anteriores e que se viron afectados economicamente pola pandemia.

489 lecturas