Emigración incrementa ata os 2,2M€ as axudas para as e os galegos retornados ante as circunstancias covid

En concreto, desta cantidade, a Secretaría Xeral destina alomenos 500.000 euros ao reforzo destes apoios económicos ante a situación xerada pola pandemia entre este colectivo.

Antonio Rodríguez Miranda recorda que se trata de dúas liñas de axudas, unha destinada a gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno, e outra de apoio polas dificultades de inserción sociolaboral no actual contexto covid.

Na imaxe, a oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno en Lugo
Na imaxe, a oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno en Lugo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración para as galegas e galegos retornados que contará cun crédito orzamentario de 2,2 millóns de euros e que terá como obxectivo axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno e das dificultades da actual pandemia

Tal e como destacou o secretario xeral, este ano, como novidade, dos 2,2 millóns de euros de orzamento, alomenos 500.000 destinaranse directamente a atender situacións de emerxencia derivadas da actual pandemia da covid-19.

Deste xeito, as axudas contan con dúas liñas, unha destinada a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno; e unha segunda, de polo menos 500.000 euros, que ten por finalidade apoiar á unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual da pandemia. 

Os beneficiarios e beneficiarias serían as persoas que residindo fóra de España con nacionalidade española, se establezan na comunidade autónoma galega, tanto as nadas na propia comunidade autónoma como as e os seus cónxuxes ou descendentes. A maiores, deben contar tamén co empadroamento en Galicia e ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno. No caso da primeira liña de axudas, a data de retorno debe estar fixada para o 1 de xaneiro de 2019, mentres para a segunda liña, as axudas poderán ser solicitadas por quen retornara a partir do 1 de xaneiro de 2018.

As contías máximas da primeira liña son de 6.000 euros e no caso da segunda liña de ata 3.000 euros, todo dependendo do número de persoas que conformen a unidade familiar. Eso si, hai que ter en conta que as liñas son incompatibles. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo 30 de setembro inclusive. 

Os interesados e interesadas poden consultar máis datos no seguinte enlace: picar aquí para acceder

En imaxes
571 lecturas