Rodríguez Miranda recibe ao secretario do Centro Español del Perú co compromiso de intensificar a divulgación dos programas de retorno neste país
O secretario do centro, Pablo Vázquez Cortizo, compartiu co secretario xeral da Emigración a situación dos galegos e galegas residentes no Perú.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao secretario do Centro Español del Perú, Pablo Vázquez Cortizo, co que tratou, entre outros temas, a situación da colectividade galega que alí reside.
O encontro serviu tamén para falar de futuros proxectos do centro, entre os que Vázquez Cortizo mostrou un especial interese en levar a cabo tarefas de divulgación dos programas e liñas de axuda da Secretaría Xeral, especialmente nos referentes aos que a Administración autonómica ten en marcha para favorecer o retorno a Galicia.
Novas relacionadas




