O secretario xeral da Emigración traslada á cónsul xeral de España no Uruguai a importancia da colaboración entre administracións para facer máis efectiva a atención á colectividade e ás políticas de retorno

Imaxe da reunión celebrada entre a cónsul xeral de España no Uruguai e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Imaxe da reunión celebrada entre a cónsul xeral de España no Uruguai e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 2 de decembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa cónsul xeral de España no Uruguai, María Victoria Scola Pliego, na que lle explicou as liñas de traballo da Xunta de Galicia coas entidades galegas, así como a importancia da colaboración entre administracións para facer máis efectiva a atención á colectividade e ás políticas de retorno.

Durante a reunión, trasladóuselle a Scola Pliego o esforzo realizado pola Xunta durante o 2021 para apoiar socialmente aos galegos e galegas que máis están a sufrir os problemas xerados pola pandemia da covid-19, especialmente no eido sanitario, tanto a través das axudas individuais como das de emerxencia social.  

Entre os temas que destacaron neste encontro atópase o retorno, xa que se está a facer un intenso esforzo de apoio ás galegas e galegos do exterior que desexan regresar a Galicia e comezar unha nova vida. Neste senso, Miranda recordou que se está xa a traballar na nova Estratexia Galicia Retorna e pediulle a súa colaboración para dala a coñecer entre as e os cidadáns españoles en Uruguai.

488 lecturas