Rodríguez Miranda recibe ao secretario do Centro Español del Perú co compromiso de intensificar a divulgación dos programas de retorno neste país

O secretario do centro, Pablo Vázquez Cortizo, compartiu co secretario xeral da Emigración a situación dos galegos e galegas residentes no Perú.

Rodríguez Miranda e Vázquez Cortizo, durante o encontro celebrado na sede da SXE na capital de Galicia
Rodríguez Miranda e Vázquez Cortizo, durante o encontro celebrado na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao secretario do Centro Español del Perú, Pablo Vázquez Cortizo, co que tratou, entre outros temas, a situación da colectividade galega que alí reside. 

O encontro serviu tamén para falar de futuros proxectos do centro, entre os que Vázquez Cortizo mostrou un especial interese en levar a cabo tarefas de divulgación dos programas e liñas de axuda da Secretaría Xeral, especialmente nos referentes aos que a Administración autonómica ten en marcha para favorecer o retorno a Galicia

193 lecturas