Miranda agradece ao Centro Galego de Lausanne o seu labor na divulgación de temas de interese para a comunidade galega no exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro en Santiago co presidente do Centro de Promoción da Cultura Galega, Manuel Amarelle Amigo, a quen lle agradeceu o labor que están a desenvolver na organización de actividades para a divulgación de temas de interese para a comunidade galega no exterior. “Quero salientar o importante traballo que se está a levar, neste e noutros centros da colectividade, para abordar cuestións de relevancia, tanto no relativo á presenza no país, como de cara ao seu retorno a Galicia”, incidiu.
Do mesmo xeito, Miranda resaltou o importante traballo que realiza este centro na difusión da cultura galega dentro e fóra das nosas fronteiras. No en van, esta entidade leva máis de 30 anos de promoción da cultura galega en terras helvéticas, a través de diferentes festexos e celebración como o Día das Letras Galegas ou a Festa da Hispanidade.
Novas relacionadas